Os comerciantes e hostaleiros de Ribadumia xuntan case 2.000 euros na súa cabalgata solidaria

RIBADUMIA> Os hostaleiros e comerciantes de Ribadumia recadan preto de 2.000 euros na súa cabalgata solidaria de Papá Noel. Foi a través da venda de rifas nos seus locais. Esta mañá fixeron entrega deses cartos ós Servizos Sociais do Concello. Tralo éxito da iniciativa, avanzaron xa que impulsarán outra semellante no vindeiro Nadal.

A cabalgata solidaria de Papá Noel impulsada polos hostaleiros e comerciantes de Ribadumia foi todo un éxito. A iniciativa conseguiu xuntar 1.930 euros. É dicir, lograron vender 1.930 rifas. A recadación foi entregada hoxe no concello.

Os comerciantes e hostaleiros ribadumienses celebran a boa acollida que tivo esta iniciativa solidaria. Avanzan que de cara ó Nadal que vén teñen xa en mente impulsar outro acto solidario.

Os cartos recadados polo colectivo xa está en mans dos Servizos Sociais. Servirán de axuda ás persoas menos favorecidas da localidade.

O alcalde aproveitou para agradece-la iniciativa solidaria e animar a comerciantes e hostaleiros a seguir impulsando actos deste tipo na localidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí