Rafa Domínguez pide a dimisión de Carme da Silva polo “caso dos semáforos”

PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra esixiu esta mañá a dimisión da concelleira Carme da Silva. Esta petición nace tras as declaracións que a nacionalista realizou no último Pleno municipal en relación ao coñecido como “caso dos semáforos”. Rafa Domínguez entende que da Silva non estivo á altura do seu cargo ao acusar, sen probas, aos dous axentes da Policía de manipular os semáforos durante unha protesta laboral.

Estas foron as explicacións que deu a concelleira Carme da Silva no último Pleno municipal en relación ao denominado “caso dos semáforos”. A resposta a estas declaracións non se fixo esperar. O PP pediu esta mañá a dimisión da edil nacionalista ao entender que esta non estivo á altura das circunstancias e que acusou aos axentes da Policía dun delito organizado sen probas.

Rafa Domínguez tamén fixo referencia esta mañá as acusacións que Carme da Silva verteu sobre a súa persoa. En concreto, o voceiro popular asegura que a edil nacionalista lle acusou de dirixir á Policía e de estar detrás das pintadas ameazantes que apareceron fronte ao domicilio da concelleira.

O voceiro popular non quixo adiantar esta mañá cales serán os seguintes pasos que levará a cabo o seu partido se Carme da Silva non rectifica. O que si se preguntou Rafa Domínguez é que opinan desta situación tanto o alcalde como o PSOE.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí