A nova cuberta do refuxio dos Palleiros estará lista en maio

PONTEVEDRA> As instalacións da protectora Os Palleiros, en Pontevedra, estrearán cuberta no mes de maio. Hoxe comezaron os traballos para renovar o Tellado; actuación que conta cun orzamento de máis de 16.000 euros. Deste xeito, o concello agarda solucionar o problema de pingueiras que sofre o refuxio nas épocas de chuvia.

As instalación da protectora de animais Os Palleiros estrearán cuberta no mes de maio.

Xa están en marcha os traballos de substitución do tellado. Unha actuación que comezou coa desmontaxe manual das placas de aceiro que hai na actualidade.

O proxecto conta cun orzamento de 16.300 euros. Con estas obras búscase rematar cos problemas de filtracións que se daban nas épocas de chuvia.

Dende a concellería de Benestar Animal apuntaron, ademais, que neste exercicio triplícase o orzamento destinado a este eido. Pasando dos 5.000 euros do ano pasado aos 15.000 actuais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí