O instituto de Sanxenxo acolle o obradoiro de xornalismo

SANXENXO> O alumnado do instituto de Sanxenxo coñeceu o labor do xornalismo. O programa didáctico “Xornalismo na escola “La Caixa” impartiuse por primeira vez na vila. O obxectivo é crear lectores máis críticos e que coñezan os medios de comunicación.

Dende hai 4 anos a Obra social “La Caixa” e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia están a desenrolar o programa didáctico “Xornalismo na escola “La Caixa”. Por primeira vez neste tempo o proxecto chegou ó instituto de Sanxenxo. O curso dividiuse en dous obradoiros, ambos impartidos polo xornalista Alfonso González. O obxectivo é crear lectores críticos e que coñezan os medio de comunicación.

Cada un dos talleres tivo unha hora e media de duración. O primeiro foi teórico e o segundo práctico. Esta destinado ó alumnado de 3 e 4 de ESO e 1º de Bacharelato. O curso fai fincapé na información nos novos medios de comunicación, especialmente internet.

Ata 150 alumnos gozaron e aprenderon con este obradoiro. Divido en pequenos grupos dun máximo de 30, para favorecer a interacción do alumnado co monitor e facelo máis interesante e operativo.