O clube Olimpic de Vilagarcía pecha o ano cunha prata e un bronce no campionato de España de Taekwondo

VILAGARCÍA> O Ximnasio Olimpic de Vilagarcía despide o ano cunha prata e un bronce nos campionatos de España de taekwondo. O torneo tivo lugar en Pontevedra e os participantes tiveron que exhibir as súas habilidades tanto en técnica como en freestyle.

O ximnasio Olmipic de Vilagarcía suma dúas medallas máis ao seu palmarés na disciplina de Taekwondo. Os recoñecementos chegaron esta fin de semana nos campionatos de España de exhibición de técnica e freestyle celebrados en Pontevedra. Os postos acadáronse nas categorías infantil e cadete.

Os 18 deportistas do club tiveron que mostrar as súas destrezas primeiro nunha combinación de movementos e patadas e logo con rompementos e acrobacias. A prata conseguiuse na categoría cadete con certa polémica. Para o director, os seus deportistas mereceron máis.

Máis contento mostrouse co resultado do equipo infantil que acadou o terceiro coa súa mellor actuación.

O éxito destas dúas medallas está no traballo diario. Detrás deste resultado hai moitas horas de adestramento.

Os taekwondistas rematan a tempada cun merecido recoñecemento ao seu esforzo. Dende a dirección técnica do Olimpic xa traballar para que os deportistas melloren os resultados no vindeiro ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí