VILANOVA> Concentración da comunidade educativa do colexio de Sestelo-Baión, en Vilanova. Reclamanan a construción dun pavillón para poder facer educación física en condicións axeitadas. Din que levan máis de trinta anos agardando por esa infraestrutura. A rapazada fai exercicio nun patio cuberto, ateigado de columnas. Un espazo inapropiado para a práctica deportiva, no que xa algún susto.
Mestres, alumnado e pais e nais do colexio de Sestelo-Baión, en Vilanova, botáronse hoxe á rúa. A comunidade educativa reclama un pavillón no que a rapazada poida facer exercicio en condicións axeitadas.
Porque esta eiva non é algo novo. Levan máis de trinta anos agardando por esa infraestrutura. Indican que como o resto de colexios, eles tamén teñen dereito a ter preto do centro un pavillón.
E din que o espazo non é un problema, porque hai terreos que poderían albergar este servizo. Descartan que unha posible solución sexa trasladar á rapazada a outro pavillón situado a case dous quilómetros.
Na actualidade, a rapazada fai exercicio nun patio cuberto. Un lugar incómodo para as clases de educación física, ao non estar pensado para acoller ese tipo de actividades.
Reclaman á Xunta e ao concello que se poñan a traballar na procura dunha solución e que ambas administracións atopen o xeito de este centro conte, por fin, cun pavillón deportivo.