Ampliación das terrazas e bonificacións das taxas, as medidas máis estudadas para axudar á hostalería

CAMBADOS/VILAGARCÍA> Sanxenxo é o concello máis turístico da comarca, pero non é o único no que preocupa a saúde do sector e da hostalería. Cambados anunciou que bonificará tamén o 100% do imposto de terrazas ata que os establecementos poidan recuperar a normalidade. Ademais, valorará a ampliación da superficie ocupada por estes espazos, para procurar manter o mesmo número de mesas que ata o de agora a pesares de aplicar o 30% no aforo.

No referente a outras taxas, o executivo local reducirá ao mínimo recollido por lei o de lixo mentres dure o Estado de Alarma.

Pola súa banda, Vilagarcía tamén anunciou a aplicación de medidas moi semellantes. O goberno traballa coa asociación de hostaleiros na ampliación da superficie ocupada polas terrazas, a ampliación de horarios e a aplicación de bonificacións ou exención da taxas. Os técnicos municipais están a traballar na redacción das dúas propostas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí