PONTEVEDRA> Nestes datas de festa e celebración, son moitos os rapaces ingresados no Hospital Provincial. Nenos e nenas que non poderán pasar estes días coas súas familias. Para tratar de sacarlles un sorriso, os Reis Magos quixeron adiantar a súa chegada a Pontevedra e pasar a entregarlles, persoalmente, os seus agasallos. Uns bonecos tecidos a man por numerosas paxes.
Os Reis Magos tiñan previsto chegar a Pontevedra este domingo pero a solidariedade chamou a súa porta e non dubidaron en adiantar a súa visita. Son moitos os nenos e nenas que pasan estes días de festa ingresados no Hospital Provincial. E para que a súa estancia sexa o máis agradable posible, as súas Maxestades, acompañados dunhas máxicas paxes, puxéronse mans á obra.
Estes é o agasallo que os Reis Magos entregaron aos nenos ingresados. Bonecos de gancho con infinidade de formas para sacar un sorriso aos máis pequenos.
Pero isto non sería posible sen todas as paxes que axudan cada ano aos Reis Magos. Voluntarios e voluntarias que entregan os seus días a facer estes bonecos.
O traballo destas paxes e das súas Maxestades é recompensando cando conseguen facer felices aos nenos e nenas hospitalizados.