O goberno municipal trasladará a Pedro Sánchez os obxectivos da “Axenda Pontevedra”

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra fixo hoxe unha valoración da investidura de Pedro Sánchez. A voceira do goberno local mostrouse ilusionada e esperanzada con este novo acordo e anunciou todos os asuntos que serán trasladados ao Goberno central. Entre eles, as obras da circunvalación e a solicitude de financiamento do Museo de Pontevedra.

Con ilusión e esperanza. Así é como valorou hoxe o goberno municipal a investidura de Pedro Sánchez. Ilusionados porque haxa unha folla de ruta clara e esperanzados en que o Goberno central cumpra cos seus compromisos. Entre eles, a reforma do nó de bombeiros, a transferencia da AP-9  e o traslado de Ence.

Anabel Gulías adiantou hoxe que o Concello pedirá unha entrevista co presidente do Goberno co obxectivo de trasladar as esixencias incluídas na denominada “Axenda Pontevedra”. Unha axenda na que se inclúe a solicitude de financiamento do Museo, así como as obras da circunvalación.

Entre as demandas que o Concello trasladará a Pedro Sánchez está tamén o Edificio de Facenda. O obxectivo é recuperalo para “uso público”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí