Comezan as obras para dixitalizar a sede de Turismo Rías Baixas

PONTEVEDRA> A deputación de Pontevedra investirá ao redor de 350 mil euros en reformar o palacete das Mendoza. Na sede de Turismo Rías Baixas levaranse a cabo dúas intervencións: por un lado mellorarase a accesibilidade á instalación e por outro, será a primeira oficina onde se instalarán os equipos tecnolóxicos do proxecto tourist inside.

A deputación de Pontevedra modernizará o Palacete das Mendoza. A sede de turismo Rías Baixas converterase nunha instalación de referencia. A deputación investirá 350 mil euros para o desenvolvemento de dous proxectos. O primeiro deles cunha financiación de 50 mil euros mellorará a accesibilidade do Palacete.

O segundo proxecto converterá á sede de Turismo Rías Baixas no primeiro punto onde se porá en marcha o programa Tourist Inside.

O Tourist Inside mellorará por completo a sede de Turismo Rías Baixas pero tamén a súa xestión. Xa que terá unha importante oferta para que os visitantes se somerxan nas Rías Baixas.

O prazo de execución de ambas obras é de tres meses. A intervención non afectará ao funcionamento da sede de Turismo Rías Baixas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí