‘A Nosa Feira’ chega outro verán á Pobra

POBRA> Os xardíns Valle-Inclan acollen, un ano máis a proposta comercial ‘A nosa feira’ coa que o Concello pretende dinamizar e apoiar ó comercio, neste caso o itinerante, aínda que tamén está aberto ós establecementos da localidade, coa presenza de dous postos.

As persoas que se acheguen poderán atopar dende xoiería a complementos, pasando por artesanía e alimentación entre outros.

A feira estará aberta ó publico ata o vindeiro 31 de agosto, tódolos días da semana, en horario de dez e media a dúas e media polas mañás e de cinco a dez polas tardes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí