Rafa Domínguez pide a liberalización da peaxe entre Pontevedra e Curro

PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra celebrou esta mañá un almorzo informativo cos medios para facer balance dos últimos meses e avanzar as cuestións sobre as que traballarán durante este ano. Entre as peticións que o voceiro local enviou ao BNG destaca a liberalización da peaxe entre Pontevedra e Curro.

“Un goberno local débil e dividido.” Ese é un dos principais problemas que ten actualmente o Concello de Pontevedra para o voceiro local do PP. Rafa Domínguez mantivo esta mañá un almorzo informativo cos medios para facer balance dos últimos meses e analizar as principais debilidades do bipartito.

Rafa Domínguez está convencido de que actualmente en Pontevedra hai 2 gobernos. E segundo el, ese é o motivo polo que non hai aínda uns presupostos aprobados. Algo que segundo o voceiro popular, provocará o retraso nalgunhas obras.

O voceiro popular asegurou esta mañá que o BNG está a vivir un momento histórico. Por iso, pídelle aos nacionalistas que reclamen a liberalización da peaxe entre Pontevedra e Curro.

Domínguez falou tamén neste almorzo sobre a Variante de Alba e asegurou que a pelota está no tellado de Lores.

Por último, o voceiro popular valorou o borrador da nova ordenanza. Un documento que, segundo el, presenta “déficits sangrantes”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí