Ence e o Porto de Marín reciben dous bandeiras negras do colectivo Ecoloxistas en Acción

PONTEVEDRA> Ecoloxistas en Acción presentou hoxe o seu informe de “Bandeiras Negras”. Con el, este colectivo pretende denunciar diferentes casos de contaminación e mala xestión ambiental en todo o territorio galego. Nesta edición concedéronse 6 bandeiras. O porto de Marín e a Factoría de Ence foron os elixidos na provincia de Pontevedra.

O colectivo Ecoloxistas en Acción presentou esta mañá o seu informe anual de “Bandeiras Negras”. Nesta edición, a organización repartiu seis bandeiras, tres por mala xestión e outras tres por contaminación. Na provincia de Pontevedra, a de mala xestión foi a parar ao Porto de Marín. O motivo, a sentenza deste mesmo ano do Tribunal Supremo na que se legalizan todos os recheos. Os cales foron declarados como ilegais noutra sentenza do ano 2009.

A bandeira por contaminación foi outorgada, un ano máis, á Factoría de Ence. Neste caso, o colectivo elixiu á fábrica de Lourizán pola combustión de aceites usados. Un feito que xa foi denunciado con anterioridade pola Asociación pola Defensa da Ría.

O presidente da Asociación pola Defensa da Ría asegurou que ENCE adquire anualmente 18.000 toneladas de aceites usados. Un material que pode ocasionar graves consecuencias.

As catro bandeiras restantes outorgadas esta mañá por este colectivo foron a parar ás praias das Delicias e de Lires, na Coruña, á Mariña lucense e á Factoría de Alcoa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí