Os Reis Magos solicitan trasladarse ao interior do Recinto Feiral de Pontevedra polo mal tempo

PONTEVEDRA> Hai novidades na cabalgata de Pontevedra. A comitiva das súas maxestades vaise trasladar ao interior do Recinto Feiral da cidade, antes as malas previsións meteorolóxicas.  Alí vaise organizar un circuíto para que a rapazada poida ve-los Reis con tódalas medidas de seguridade. Ademais, tamén se mantén a animación no exterior e nas rúas do centro da cidade.

Esta tarde, os operarios ultimaban os derradeiros preparativos para ter todo a punto para unha das visitas máis importantes do ano: a dos Reis Magos. As súas Maxestades mudaron de plan a última hora, polo mal tempo, e trasladan a súa recepción ao interior do Recinto Feiral. No interior do recinto, vaise deseñar un circuíto para que a rapazada poida ve-los Reis e o conxunto das carrozas.

A pesar do mal tempo, o resto da programación da xornada mantense. Vai haber animación tanto no exterior como no interior do recinto feiral e tamén nas rúas do centro de Pontevedra.

As portas do recinto feiral para ve-los Reis estarán abertas entre as 11 e as 14 horas e, pola tarde, entre as 16 e as 20 horas.