A POBRA> O PP da Pobra denuncia que a piscina municipal permanece pechada dende hai dous anos. Demandan información ó goberno sobre o estado das instalacións e os prazos para a súa posible reapertura.
Un peche que semellaba temporal, motivado pola irrupción do coronavirus en marzo de 2020, tornouse indefinido. Así o denuncia o PP da Pobra que non entende porque as instalacións das piscina municipal permanecen pechadas dous anos despois do confinamento. Malia que demandaron información ata en cinco ocasións, os populares soteñen que non obtiveron resposta por parte do goberno municipal..
Para os populares, este xeito de proceder é tan só unha mostra máis do abandono ó que están sometidas as instalacións deportivas de todo o municipio.
Sosteñen ademais dende o PP que a falla de uso e mantemento das instalacións está a ocasionar un importante deterioro polo que será preciso acometer melloras de cara á súa reapertura.