Os comuneiros de Vilagarcía, fartos de recoller dos seus montes uralitas, neveiras e sofás

VILAGARCÍA> Os comuneiros de Vilagarcía están fartos de que a xente tire vertidos contaminantes nos seus montes. Ademais de sofás ou electrodomésticos, advirten da presenza de uralitas, moi perigosas polo amianto que conteñen. Piden unha modificación da lei para que non sexan as Comunidades de Montes as que lle teñan que pagar pola súa retirada no caso de non dar co responsable.

A proliferación de refugallos nos montes preocupa ós comuneiros vilagarciáns. Ademáis de sofás, lavadoras, neveiras ou vidro, advirten da presenza de uralitas, un elemento moi contaminante e nocivo para a saúde polo amianto.

Os comuneiros de Vilagarcía explican que as malas prácticas dalgúns acábanas pagando eles. Se a persoa que tirou os refugallos non se identifica, son as Comunidades de Montes as que se encargan de asumi-lo gasto da súa retirada. Entenden que se trata dunha ambigüidade na lei, que cómpre mudar.

Esta particularidade xa foi traslada a tódolos grupos políticos. Polo de agora, só o BNG respondeu. Os nacionalistas presentaron no Parlemento Galego unha proposición non de lei para aborda-lo asunto.

Os comuneiros piden tamén concienciación cidadá á hora de tira-los refugallos. Lembran a existencia de puntos limpos e empresas especializadas para a xestión de residuos contaminantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí