Os hostaleiros critican as medidas anunciadas pola Xunta: “era lo que nos faltaba para rematarnos”

PONTEVEDRA> Os hostaleiros de Pontevedra, Poio e Marín volven a manifestarse. Nesta ocasión, fixérono nunha caravana que percorreu os tres municipios. O sector asegura que coas medidas que implantará esta fin de semana a Xunta de Galicia non é rendible abrir os seus negocios.

Este foi o son que se espallou hoxe polos concellos de Pontevedra, Poio e Marín. Os hostaleiros volveron a saír a rúa para manifestar a súa oposición ás medidas antiCovid implantadas e para esixir máis axudas para o sector.

A Xunta de Galicia anunciou onte o plan de desescalada para este sector. En Pontevedra, Poio e Marín os locais poderán abrir as súas terrazas ao 50% da súa capacidade ata ás 17h e cunha agrupación máxima de 4 persoas. Unhas medidas que foron valoradas así hoxe polos hostaleiros.

Con estas medidas sobre a mesa e coa súa entrada en vigor esta fin de semana, a pregunta é clave: ides a abrir as portas?

Os hostaleiros téñeno claro: abrir coas restricións marcadas pola Xunta de Galicia non é rendible. Por iso, a meirande parte deles tomaron a decisión de manter pechas as portas dos seus locais ata que as administracións entendan que eles non son o problema.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí