RIBEIRA> Investigan a desaparición de Sonia Martínez, unha muller de Ribeira que falta do seu domicilio dende o pasado xoves. O seu fillo xa presentou denuncia na Policía Nacional que traballa en colaboración coa Garda Civil para dar co seu paradoiro.
Sen pistas sobre o paradoiro de Sonia Martínez Domínguez, unha muller de Ribeira de 49 anos que permanece desaparecida dende o pasado xoves. Ese día foi o último no que o seu fillo conseguiu contactar con ela. Estaba en Laxe coa súa parella pero tiña previsto regresar ese mesmo día a Porto do Son, onde reside.
Suso denunciou a desaparición ante a Policía Nacional quen abriu unha investigación para atopar a Sonia como ó seu mozo que tampouco regresou nin se incorporou ó traballo o luns, como estaba previsto.
Na busca colabora tamén SOS Desaparecidos que difundiu o cartel coa imaxe de Sonia e as súas características. É de complexión delgada e mide 1’63; co pelo ondulado e castaño. Aqueles que poidan aportar información sobre o seu paradoiro poden contactar cos números que aparecen en pantalla.