OUTES> A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participou esta mañá, xunto co alcalde, Manuel González, e varios membros da corporación municipal, no acto inaugural da nova biblioteca escolar do CEIP Plurilingüe de Outes.
A Xunta fixo unha achega duns 55 mil euros para a reforma deste espazo, integrado no Plan LIA 3 de bibliotecas escolares, de cara a mellora das competencias de lectura, escritura e habilidades investigadoras e de uso da información por parte do alumnado.
O novo espazo, de preto dos trescentos metros cadrados, permitiralle ós alumnos deste centro educativo poder realizar infinidade de actividades que contribúan ó fomento da lectura senón tamén experimentar con outros tipos de recursos…pero non só iso, pois a idea é que beneficie tamén a toda a comunidade educativa.
Dende a dirección do centro agradeceron o investimento realizado, froito da colaboración de tres Administracións. Ademais da Xunta, tamén colaboraron no financiamento das obras o Ministerio de Educación e o propio Concello.