O PP de Cambados propón crear unha zona azul para incentivar as vendas no comercio local

CAMBADOS> O PP de Cambados di estar preocupado polo comercio local. Os populares propoñen crear unha  zona azul  ou baixa-las taxas municipais para revitalizalo. Van levar o asunto ó vindeiro pleno municipal.

O Partido Popular de Cambados mira con preocupación o futuro do pequeno comercio da localidade. Os populares veñen de manter xuntanzas con representantes do sector e tamén do hostaleiro. Din que os establecementos non están a pasar unha boa racha, polo que cómpre pasar á acción. Hoxe entregaron por rexistro unha moción centrada neste asunto.

Entre as medidas que propoñen os populares, facilita-lo estacionamento de vehículos nas proximidades das tendas. Entenden que o aparcadoiro da rúa nova non chega, polo que cren acertado crear unha zona azul, que axilice a entrada e saída de vehículos.

No PP tamén poñen o foco nas taxas municipais. Cren urxente unha rebaixa para aliviar ós comerciantes.

Estas propostas serán presentadas no vindeiro pleno municipal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí