Vilagarcía pídelle á Xunta que continúe coa mellora da mobilidade na zona do Rial

VILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía pídelle á Xunta que continúe coa mellora da accesibilidade na contorna da rotonda do Rial. Ravella detecta ‘eivas’ nas actuacións que o goberno galego vén de acometer nesa zona. Lamentan, por exemplo,  que só se actuase nunha das beiras da estrada. Din que o esforzo investidor da Xunta en Vilagarcía, en comparación con outros concellos próximos, deixa moito que desaxar.

Mentres a Xunta pon en valor as obras acometidas neste treito da estrada autonómica PO549 na zona do Rial, en Vilagarcia, o goberno da cidade estivo hoxe, precisamente alí, criticando as eivas que deixa a actuación.

Ravela di que faltou coordinación entre administracións á hora de poñer sobre a mesa todas as necesidades desa zona en materia de mobilidade. Porque, din, a actuación quedou coxa.

Así que fan un chamamento ao goberno galego a que non deixen aquí a actuación. Piden, ao mesmo tempo, ser tratados igual que outros concellos próximos.

Indo ao detalle da actuación, o goberno local demanda a instalación de pasos de peóns seguros e unha mellora do acceso á urbanzación do Rial.

Piden tamén que se cubra con aglomerado un treito de xabre e ‘pequenos retoques’ na pasarela, segundo lembran, tal como recollía o proxecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí