O Salnés: un destino único, pero múltiples opcións

MADRID> A Mancomunidade do Salnés presentouse en Fitur como un espazo único no que gozar de multitude de actividades. Sendeirismo, deportes de aventura e contacto coa natureza son só algunhas das propostas coas que o organismo comarcal quixo conquista-lo público na feira de turismo que se está a celebrar en Madrid.

Un único destino, pero múltiples opcións. Así se presentou a Mancomunidade do Salnés en Fitur. O organismo propón gozar da comarca a través das múltiples actividades que ofrece. Entre elas, actividades vinculadas á natureza ou ao deporte. Un abano amplo de propostas que van máis alá do sol e da praia e que serven de elemento desestacionalizador do sector turístico.

Aproveitando o seu paso por Fitur, a Mancomunidade do Salnés mantivo varias xuntanzas centradas no fomento da actividade turística. Unha desas reunións foi con Lotarías e Apostas do Estado. Outra, cunha importante touroperadora chinesa.

A tamén alcaldesa de Meis presentou en Fitur a súa localidade como un municipio diferente ó do resto do Salnés. Un concello interior, que vive a natureza dun xeito único.

O municipio presentou o vídeo ‘O teu camiño interior’, unha peza na que se fai un repaso por algúns dos enclaves patrimoniais e paixísticos meisinos máis singulares, xunto con algunhas das actividades impulsadas nos últimos meses no Concello, como a Feira ‘Meus Viños’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí