A Pobra volverá sacar este venres o deporte á rúa

A POBRA> O concello da Pobra volverá sacar o deporte á rúa este venres nunha xornada dirixida especialmente ós máis novos. A praza Segundo Durán, as pistas do Castelo e a praia do Areal acollerán exhibicións dos diferentes clubs deportivos do municipio e distintas actividades abertas ó público.

O día do Deporte na Rúa é unha xornada xa obrigada no calendario estival da Pobra. Será este venres cando os distintos clubs e entidades deportivas darán a coñecer o seu traballo con actividades e exhibicións que se desenvolverán en distintos espazos ó aire libre de todo o concello.

Pola tarde terá lugar ademais a décima edición do torneo de xadrez Brétema que dará comezo ás catro e media da tarde na Praza Maior.

Tan só será necesaria inscrición previa para o torneo de xadrez posto. No resto de modalidades deportivas basta con achegarse na propia xornada para sumarse ás actividades.