O persoal de Urxencias concéntrase contra a saturación e o colapso do servizo

PONTEVEDRA> Concentración en Montecelo. O persoal de Urxencias manifestouse esta mañá no Hospital para protestar contra a saturación do servizo. Unha situación insostible tanto para os traballadores como para os pacientes. Na mobilización pediuse a dimisión do xerente da área sanitaria de Pontevedra e o Salnés.

Sobrecarga de traballo, falta de recursos humanos e carencia de espazos. Eses son algúns dos problemas aos que teñen que facer fronte diariamente os traballadores de Urxencias. Unha situación que causa saturación no servizo e longas colas de espera para os pacientes.

O persoal de Urxencias asegura que esta concentración desencadeouse tras o escrito presentado na Xunta de persoal. No cal pedíase que se contratase unha enfermeira máis por quenda para poder traballar por equipos. Ademais, nesta manifestación fixeron fincapé en que este non é un problema puntual.

Nesta concentración os traballadores esixiron a dimisión do xerente da área sanitaria de Pontevedra e o Salnés. Unha petición que nace tras a decisión de reabrir as 16 camas da unidade de Medicina Interna do Hospital Provincial que permanecían pechadas dende o verán.

O delegado sindical denunciou tamén a explotación dos traballadores e, como consecuencia, a mala atención que se está a dar aos pacientes. Xa que, segundo el, son moitos os que pasan ata 24 horas nunha camilla cando na actualidade hai camas pechadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí