Rianxo habilitará sete locais de ensaio na antiga Casa do Mar

RIANXO> O concello de Rianxo contará con sete locais de ensaio para agrupacións musicais. Os alumnos do obradoiro de emprego serán os encargados da súa execución nas instalacións do antigo centro de saúde.

Xa están en marcha os traballos para habilitar sete locais de ensaio na planta intermedia da clínica vella de Rianxo. Os alumnos da escola obradoiro iniciaron o acondicionamento dos locais que proporcionará un espazo non só a grupos musicais senón tamén de danza.

Os alumnos compaxinarán a execución técnica coa formación teórica enmarcada no obradoiro de emprego polo que se prevé que os traballos rematarán cara finais de ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí