ANFACO e Aceites Abril apostan pola perfecta maridaxe entre conservas e aceite

BOIRO> O restaurante Miramar Praia de Boiro acolleu esta mañá unha cata de aceites e conservas organizada conxuntamente por Anfaco-Cecopesca e Aceites Abril. O cociñeiro de Gastrolab, Miguel Mosteiro, foi o encargado de preparar as receitas elaboradas a base de produtos conserveiros con aceites monovarietais.

Conservas e aceites maridaron á perfección nas propostas gastronómicas que esta mañá levou a escena o chef Miguel Mosteiro no restaurante Miramar Praia de Boiro. Receitas como allo branco con berberecho e Hojiblanca ou empanada aberta de zamburiñas con picual nas que as distintas variedades de aceite aportan valor engadido ás conservas elaboradas co mellor do noso mar.

Precisamente, a comarca do Barbanza foi a elixida para acoller este acto impulsado pola Consellería do Mar, dado o seu peso estratéxico na produción conserveira.

E ademais de dar esa cobertura, o aceite pode aportar un sabor diferente ás conservas segundo as distintas variedades que se utilicen para a súa elaboración.

Trala cata guiada polo oleólogo Rubén Gutiérrez, o acto chegou á súa fin coa degustación das receitas por parte de tódolos asistentes.