VILANOVA> Vilanova quenta motores para o Momo máis atípico.
O Concello e a organización da Festa lanzaron unha publicación en redes sociais, dando algunha que outra pista sobre o que vai pasar o domingo.
Na gravación vese un grupo de persoas disfrazadas como os que asaltaron o Capitolio dos Estados Unidos e mesmo como toman a casa do concello vilanovesa, onde están o alcalde e o tenente alcalde coas mans en alto. Outro anda cabando unha tumba, hai tamén polo medio un xeneral e tamén, por suposto, o coronavirus que tampouco falta á cita.
De aquí ó domingo, prometer ir dando máis pistas, mantendo o segredo de quen é este ano o Momo.
O único certo é que a figura vai arder como sempre. A ver se o tempo acompaña o domingo.