O Náutico de Boiro presume de calidade, accesibilidade e sustentabilidade coa bandeira azul

BOIRO> Esta mañá tiña lugar o acto simbólico do izado da Bandeira Azul no Náutico de Cabo de Cruz. Un distintivo que certifica a calidade dos servizos, a accesibilidade e a sustentabilidade das súas instalacións. O acto contou coa presenza, entre outras autoridades, do alcalde, José Ramón Romero, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

Un verán máis, a bandeira azul loce no no Club Náutico Boiro Marina de Cabo de Cruz como distintivo da excelencia dos seus servizos pero tamén como garante da accesibilidade das súas instalacións e a sustentabilidade con respecto á xestión ambiental.

Na súa aposta pola mellora constante, o Náutico crucense dará o salto definitivo coa construción da súa nova sede que se iniciará nas próximas semanas. Trátase dun proxecto ambicioso que busca seguir a impulsar o turismo náutico como un dos principais atractivos non só de Boiro senón de toda a comarca.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí