A Deputación de Pontevedra gaña unha nova sentenza ao PP

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra acusa ao PP de facer un uso intolerable dos medios xudiciais. Estas declaracións foron realizadas esta mañá polo socialista Carlos López Font. O fixo tras coñecer a sentenza que da a razón a institución provincial ante o recurso imposto polo Concello de Redondela en relación co proxecto presentado ao Plan DepoRemse.

Nova sentenza en favor da Deputación. O Xulgado número 2 de Pontevedra desestimou o recurso contencioso-administrativo interposto polo ex alcalde de Redondela ante a exclusión do proxecto presentando no Plan DepoRemse. Este feito foi valorado esta mañá polo deputado Carlos López Font. O socialista entende que esta é unha proba máis do uso intolerable que fai o PP dos medios xudiciais e acusa ao goberno autonómico de utilizar aos Concellos.

Esta última sentenza súmase ás outras 6 perdidas con anterioridade polo PP. Sentenzas relativas aos Concellos de Sanxenxo, Valga, Vilanova de Arousa e A Lama. López Font cre que isto é unha nova demostración do bo funcionamento do goberno de Carmela Silva.

López Font entende que toda esta situación é resultado da desesperación que emerxe no PP ante a próxima cita electoral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí