A Deputación rexeita a implantación do teletraballo

PONTEVEDRA> Cruce de acusacións no pleno da Deputación de Pontevedra. A sesión estivo marcada polas dúas mocións presentadas polo PP. Nelas pedíase a incorporación dos concellos da provincia no Pontegal e a implantación do teletraballo na institución provincial. Esta última moción levantou os ánimos de toda a corporación.

O PP levou esta mañá ao pleno da Deputación de Pontevedra a implantación do teletraballo. Unha proposta que, segundo os populares, melloraría o rendemento dos traballadores e axudaría á conciliación laboral.

Esta proposta foi definida polo PSOE como a “moción das sorpresas”. O deputado Carlos López Font animou ao PP a falar de corresponsabilidade en lugar de conciliación e asegurou que o seu grupo non ía a aceptar ningunha moción dos populares en materia de igualdade.

O socialista López Font lembrou tamén que a Deputación xa conta cun Plan de Igualdade e asegurou que xa están a traballar na elaboración dun estudo sobre o teletraballo.

A moción finalmente foi rexeitada cos votos en contra do PSOE e o BNG. Ao igual que o foi a outra proposta dos populares de incluír aos concellos da provincia no Pontegal 2020.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí