Os contrarios á reapertura da mina de Touro celebran a súa vitoria entre aplausos e bágoas

VILAGARCÍA> Satisfacción entre os colectivos contrarios á mina de Touro tralo anuncio da Xunta de descarta-lo proxecto. Entenden que a forte oposición foi clave para que o goberno galego dese marcha atrás. Con todo din que a guerra aínda non rematou: advirten que a concesión mineira non remata ata 2068 e que a empresa impulsora do proxecto non se dará por vencida.

Entre aplausos e vágoas celebran que a Xunta descartase reabri-la mina de Touro. Os colectivos que dende hai anos loitan contra este proxecto migamineiro felicítanse hoxe polo seu traballo. Entenden que a forte oposición social foi clave para que o goberno galego recuase.

Segundo explican a explotación mineira sería o detonante para o afundimento de moitos sectores produtivos, entre eles, a actividade da Ría de Arousa, da que dependen 30.000 persoas.

Os colectivos ecoloxistas advirten que esta só é un triunfo dunha batalla, dunha guerra que se pode prolongar ata 2068.

Agora, queda por facerse pública a declaración de impacto ambiental que tumbou o proxecto. É aí onde os colectivos poderán analiza-los datos que levaron ó goberno galego a acabar rexeitando a mina.

A loita dos colectivos non morre aquí. Aínda lles queda conseguir que se rebiliten os terreos que ocupaba a antiga mina. Un espazo degradado dende hai 30 anos no que nunca se actuou.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí