Preocupación entre o sector pesqueiro tras ser excluído das axudas directas ó combustible

BARBANZA> Preocupación entre o sector pesqueiro tras quedar fóra das axudas directas ó combustible. Consideran que a proposta do Ministerio para subvencionar o gasóleo da flota non dará cobertura a boa parte das embarcacións.

Decepcionados. Así se senten os profesionais do sector pesqueiro tras quedar fóra dos descontos directos no combustible. Non entenden como unha actividade de primeira necesidade, tal e como quedou de manifesto durante a época máis dura da pandemia, queda excluída da bonificación.

A Federación Galega de Confrarías analiza con preocupación a axuda proposta polo goberno central xa que non cumpre coas súas expectativas. Moitas embarcacións non se poderán acoller ás subvencións  posto que se establecen en función da eslora sen ter en conta a actividade real de cada unha.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí