O concello da Pobra implica ós veciños na elaboración dos orzamentos

POBRA> O concello da Pobra volve poñer en marcha as asembleas veciñais polas distintas parroquias. O obxectivo é escoitar as necesidades e as suxestións dos veciños de cara á elaboración dos presupostos para este ano.

Esta mesma tarde deron comezo as asembleas veciñais cunha xuntanza no centro sociocultural do Camiño Ancho. Ata o próximo día vinte desenvolveranse oito xuntanzas coa veciñanza para elaborar uns orzamentos participativos que inclúan as propostas cidadás. Ademais de escoitar ós veciños, os concelleiros das diferentes áreas presentarán os programas e iniciativas que se están a desenvolver.  

A próxima cita será este xoves día seis no centro social do Maño. A vindeira semana tocaralle a quenda ós veciños de San Isidro, Santa Cruz e A Ribeiriña –Conchido, os días 11, 12 e 13 respectivamente. E do 17 ó 20 de febreiro celebraranse as xuntanzas veciñais no Campiño, A Ponte Barbanza, A Angustia e no museo Valle-Inclán.