Un novo proxecto en Ribadumia aposta pola moda sostible

RIBADUMIA> Se tes roupa rota ou estragada poderás darlle unha segunda oportunidade grazas á nova proposta emprendedora de AC Cutom. Mediante este proxecto de moda sostible recupéranse as prendas non utilizadas para combater as novas tendencias de usar e tirar. A iniciativa, que naceu dunha veciña de Ribadumia, busca tamén mellorar o coidado do medio ambiente evitando que a roupa acabe no lixo.

Un dos obxectivos para coidar o medio ambiente é a transición cara unha economía circular. Dende Ribadumia nace un proxecto de moda sostible que traballa con esta finalidade. Vanesa Míguez é a creadora de AC Cutom, unha iniciativa que recupera e reutiliza as prendas non esquecidas no armario para darlle unha segunda oportunidade.

AC Cutom recibe ou recolle a roupa dos clientes e as reinventa nunha prenda nova para eses mesmos usuarios. As novas pezas non están en venda para terceiros.

AC Cutom loita contra as novas tendencias de moda de usar e tirar. A iniciativa busca tamén aportar o seu gran de area á sustentabilidade medio ambiental. Ao reutilizar a roupa evítase a acumulación de prendas no lixo.

Vanesa Míguez está soa á fronte deste proxecto, algo que non podería levar ao cabo sen o apoio da súa familia.

O proxecto conta cun mes de vida e a súa creadora asegura que polo de agora a acollida dos clientes foi prometedora. Os interesados poderán poñerse en contacto con AC Cutom a través do seu teléfono e das súas redes sociais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí