A presidenta de Portos supervisa a reparación dos pantaláns da Pobra

POBRA> Portos de Galicia investirá preto de novecentos mil euros na reordenación do porto pobrense. A presidenta do ente autonómico desprazouse esta mañá ata a localidade barbanzá para analizar cos sectores afectados os traballos previos ó comezo das obras.

A presidenta de Portos de Galicia mantivo un encontro con representantes da confraría e das asociacións de bateeiros da Pobra para dar a coñecer os traballos que o seu departamento está a realizar no peirao pobrense. De xeito provisional, é espera da licitación do proxecto integral de mellora do porto orzamentado en novecentos mil euros, estanse a acometer reparacións nos pantaláns.

O departamento autonómico trablla tamén na mellora da seguridade das instalacións portuarias polo que incrementará a vixilancia no porto e regulará o aparcamento.

O patrón maior aproveitou a visita da titular de Portos para trasladarlle unha vella demanda do sector: a apertura de correntes para incrementar a produción marisqueira.

Aínda que os estudos preliminares non foron concluíntes, Susana Lenguas comprometeuse a encargar novos informes sobre a viabilidade e a idoneidade da actuación.