O Pequetroula da Pobra favorecerá a conciliación mediante o apoio ó comercio local

A POBRA> Apoiar o comercio local e facilitar a conciliación das familias son dos dous obxectivos do programa Pequetroula impulsado polo concello da Pobra. Consistirá na compra de bonos para asistir a unha serie de actividades infantís que poderán ser gastados nos establecementos adheridos.

Un total de 36 establecementos xa se adheriron ó Pequetroula que dará comezo na Pobra este sábado. O concello emitirá uns bonos que dan acceso a unha serie de actividades infantís programadas durante as fins de semana.

Os interesados en asistir poderán mercar os bonos para canxealos posteriormente nos establecementos participantes que van dende comercios, perruquerías, locais hostaleiros ou establecementos de alimentacion.

O prezo dos bonos varía entre os 7 e os 15 euros en función do tempo de asistencia e contempla bonificacións para segundos irmáns sendo gratuíto a partir do terceiro. Poderán adquirise a partir deste xoves na web de Dean Shop ou na oficina de turismo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí