O comercio local de Ribeira repartirá amor e poesía por San Valentín

RIBEIRA> Seguindo coa súa liña de dinamización do comercio, a asociación de empresarios de Ribeira desenvolverá unha orixinal campaña con motivo do Día de San Valentín. Corazóns cheos de poesía decorarán os establecementos participantes que sortearán unha estancia nun balneario entre tódolos seus clientes.

Amor e poesía mestúranse na campaña convocada pola asociación de empresarios de Ribeira con motivo do Día dos namorados. Os máis de trinta comercios participantes engalanaranse con corazóns vermellos que recollen verbas de amor dos máis ilustres poetas galegos. .A campaña dará comezo mañá mesmo e prolongarase ata o día catorce. os clientes que realicen as súas compras ó longo da semana en algún dos establecementos participantes recibirán unha rifa coa que entrarán no sorteo dunha estancia no Talaso Atlántico de Oia. O sorteo realizarase o mércores día 19.

Dende o concello, que colabora na iniciativa, animaron á cidadanía a participar nesta iniciativa que gabou o gran labor que realiza a directiva con esta e outras campañas enfocadas a promover o comercio local.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí