Chega á Pobra a carreira máis dura do Revolutrion Trail Series

POBRA> A Pobra acollerá a segunda carreira do Revolutrion Trail Series. A proba de San Isidro, que se desenvolverá o domingo dezaseis, pode presumir de ser a máis dura de todo o circuíto polo seu pronunciado desnivel positivo.

Aínda que se trata do trail máis corto do circuíto Arousa norte, con trece quilómetros e medio,a proba de San isidro caracterízase pola súa gran dureza. O desnivel positivo de preto de oitocentos metros esixe un gran esforzo por parte dos corredores que este ano descubrirán un novo percorrido trala posta en valor dalgúns camiños que se atopaban esquecidos.

A organización da proba, a cargo de Arousa Natureza e Ocio, conta cada ano coa inestimable colaboración coa comunidade de montes; feito que o alcalde quixo poñer de relevo.

Os interesados en participar poden inscribirse ata o próximo mércores a través da web trailseries.run ou galitiming.com. Polo momento xa hai preto de douscentos inscritos aínda que a organización agarda superar os trescentos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí