A Marea de Noia denuncia a mala xestión económica do concello

NOIA> A Marea de Noia volve a mostrar a súa preocupación pola actual situación económica do Concello. O voceiro da formación, Manolo Seijas, acusa ó executivo de mala xestión.

A Marea de Noia incide na mala situación económica do Concello. Dende a formación apuntan á existencia de facturas do ano pasado sen consignación por importe de 700 mil euros, que, segundo eles, haberá que abonar con cartos do ano 2020, o que traerá consigo unha merma importante nos investimentos.

Tamén fan referencia ó pago a provedores, cun aumento importante no período medio de pago. Actualmente son 58 días. O que supón un incremento nun tres mil por cento con respecto ó ano anterior.

Outra das súas queixas fai referencia  a que o Concello leva dende o ano 2018 sen orzamento, o que, segundo eles,  provoca restricións orzamentarias e menor capacidade de investimento. Algo que segundo eles vai en detrimento dos servizos que se lle prestan a diario ós veciños.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí