Ribeira mobilízase contra a violencia de xénero

RIBEIRA> O redor de medio cento de persoas, na súa maioría de Ribeira, pero tamén de toda a comarca, participaron onte pola noite na concentración convocada en contra da violencia machista, tras o crime de Lugo, no que falecía acoitelada unha muller de 49 anos, presuntamente a mans da súa parella. Reclaman cambios reais para conseguir unha maior efectividade da lei galega contra a violencia.

Ribeira sumábase así a numerosas vilas e cidades galegas que quixeron mostrar tamén a súa repulsa contra esta lacra, que xa suma dez vítimas no que vai de ano en toda España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí