A Deputación da Coruña executa a tan ansiada mellora da estrada de Cespón a Vidres

BOIRO> Despois dun longo proceso, iniciado no ano 2020, que obrigou mesmo á Deputación da Coruña, titular da estrada DP-1102 de Cespón a Vidres, a ter que rescindirlle o contrato á empresa que resultou en primeira instancia adxudicataria das obras, que decidiu suspender unilateralmente a licitación, houbo que realizar unha nova adxudicación, cuxos traballos por fin ven a luz.

Segundo explicou o alcalde, José Ramón Romero, a actuación virá a dar resposta a unha vella demanda dos veciños.

Durante a visita as obras o presidente provincial destacou os máis de 20 millóns de euros de investimento que a Deputación leva feito nos últimos anos en Boiro, dos que a maioría están destinados a servizos básicos e infraestruturas.

Formoso aproveitou a visita a estas obras para anunciar un novo investimento no municipio, neste caso a mellora do firme da estrada de Boiro a Cabo de Cruz, con cargo ó Plan de Conservación de Estradas, adxudicada por un importe total de máis de 528 mil euros.

Pola tarde o presidente provincial e o alcalde participaban tamén no acto de entrega dun novo vehículo ó Club de Piragüismo Rías Baixas de Boiro, cuxa compra a Deputación financiou cunha aportación de 25 mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí