Concello e entidades sociais deseñan un entroido único para Boiro

BOIRO> A diversión está garantida no entroido de Boiro. O concello e as entidades veciñais colaboran no deseño dunha ampla programación que dará comezo o día 21 co concilio de abadesas.

Ó día seguinte, o sábado 22 terá lugar a xa tradicional festa da orella de porco no campo de Rebelar que chega este ano á súa decimo terceira edición.

Os cativos serán os protagonistas o domingo coa gran festa infantil que inclúe concurso de disfraces e o martes de entroido celebrarase o día grande co desfile de carrozas a partir das cinco da tarde na praza do concello. A gañadora levará un premio de oitocentos setenta euros.

O programa do entroido chegará á súa fin o un de marzo, domingo de enterros. Como novidade, o concello habilitará un tren para os que queiran participar nos enterros promovidos polas disintas entidades culturais e veciñais:  o da cunca ás doce en praia Xardín, o do óso ás catro e media en Abanqueiro, o do Felipiño ás cinco en Escarabote. O enterro da sardiña ás oito no centro social porá o broche final á programación do entroido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí