Extinguido o incendio que se resistraba esta pasada noite na Portela

BARBANZA> Medio Rural daba por extinguido esta mañá o incendio forestal que se rexistraba pola noite no monte da Portela, na Pobra do Caramiñal. O lume orixinábase pasadas as once da noite. Ó parecer foron varios focos, avanzando co paso das horas cara a zona de Iroite, nas aldeas de Monsquete e Cures, xa no concello de Boiro. Pero quedou lonxe da zona de vivendas. A rápida intervención dos medios mobilizados: catro motobombas, dúas brigadas e tres axentes forestais, conseguiu dobregar ás lapas. Aínda así o traballo foi duro debido á orografía do terreo, na súa maioría monte raso e zona rochosa, e tamén ó feito de ser de noite, o que aumenta o risco para os equipos de extinción. Polo de agora descoñécese a superficie total calcinada, á espera da actualización de datos por parte da consellería de Medio Rural