O PP de Pontevedra asegura que o Concello está obrigado a devolver os terreos da Canicouva

PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra volve a poñer o foco nos terreos da Canicouva. Un espazo no que o Concello ten pensado construír unha planta de compostaxe. Os populares aseguraron esta mañá que, tras 4 anos pagando ese espazo, o goberno municipal estaría agora obrigado a devolvelo.

O Concello de Pontevedra está obrigado a devolver os terreos da Canicouva. Así o confirmou esta mañá o PP. Un espazo que foi contratado en decembro do 2015 coa intención de construír unha planta de compostaxe. Agora, tras 4 anos sen executar o proxecto, o contrato, segundo os populares, quedaría extinguido.

Nos últimos 4 anos o goberno municipal investiu preto de 100.000 euros nos terreos da Canicouva. Un custe que, para os populares, é absolutamente innecesario.

Esperar a ter un proxecto definido ou renovar o contrato. Esas son as dúas opcións que ten agora mesmo o goberno municipal.

Rafa Domínguez falou tamén esta mañá da proposta de Sogama de construír unha planta de compostaxe na provincia. O popular pediu ao Concello que colabore con esta empresa para poder complementar ambos proxectos.