Aumenta o consumo de alcol e drogas ao volante na provincia de Pontevedra

PONTEVEDRA> Aumenta o consumo de alcohol e drogas ao volante na provincia de Pontevedra. Ademais, a porcentaxe de positivos por consumo de drogas dispárase respecto á media estatal, cun 54% fronte o 39% a nivel España. Hoxe botou a andar unha nova campaña da Garda Civil. Durante estes días vanse intensifica-los controis por tóda a rede viaria. Un dos primeiros dispositivos levouse a cabo esta mañá na nacional que une Pontevedra con Barro.

O primeiro positivo por drogas era localizado aos poucos minutos de comezar este control da Garda Civil, na contorna da discoteca La Luna de Pontevedra. Un varón de 33 anos que levaba no seu vehículo dous menores daba positivo por consumo de haxix. O operativo prolongouse durante unha hora, con verificacións de alcol e drogas a través dun despregamento de axentes a ambos sentidos da vía.

Este operativo forma parte da campaña de especial vixilancia do consumo de alcohol e drogas que arranca hoxe.  Coincidindo co inicio deste dispositivo, a subdelegada do goberno en Pontevedra alerta da subida do consumo de  alcol e drogas ao volante na provincia: está por riba da media estatal na detección de positivos por drogas. Nos cinco primeiros meses deste ano realizáronse 2.360 test, cun 54% de positivos, fronte o 39% a nivel España. En canto ao alcol, de xaneiro a maio fixéronse na provincia máis de 83.000 probas, das que o 1,6% deron positivo.

A provincia de Pontevedra está a vivir un mes de xuño negro, coa morte de 6 seis persoas na estrada. No que vai de ano, contabilízanse xa 16 vítimas en vías interurbanas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí