A Feira Pontesán pon o foco na saúde, no benestar e no traballos das asociación sociosanitarias

PONTEVEDRA> A saúde será un dos temas protagonistas da fin de semana en Pontevedra. Hoxe comezou a segunda edición da Feira da saúde e o benestar Pontesán, unha proposta que busca visibilizar e  poñer en valor o labor das asociacións sociosanitarias. Dende a praza do Concello máis dunha trintena destas entidades ofrecerán información a todo o que se achegue. Obradoiros, charlas e incluso un showcooking completarán a programación.

Pontevedra converte a saúde e o benestar nos protagonistas da fin de semana. Xa está en marcha a segunda edición da Pontesán.

Na carpa da praza de España 34 asociacións xa teñen instalados os seus stands para ofrecer información e asesoramento a todo o que se achegue. Unha iniciativa que axuda a visibilizar o labor destas entidades sociosanitarias.

Información, asesoramento, acompañamento. Son algunhas das tarefas que desenvolven estas asociacións, cubrindo moitas necesidades ás que as administracións non chegan.

Ademais, pola Feira Pontesán pasarán todo tipo de expertos.A actividade na carpa completarase con charlas, conferencias, mesas redondas, obradoiros e incluso un showcooking.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí