Avícola de Galicia creará 130 postos de traballo na súa nova planta de Cambados

CAMBADOS> Avícola de Galicia expándese na comarca do Salnés. A empresa vai abrir no polígono industrial de Cambados a súa nova plataforma loxística. Na planta traballarán entorno a 130 persoas. A estimación é que se procesen uns 10.000.000 de quilos de carne ó ano.

Avícola de Galicia ultima o seu desembarco no polígono de Sete Pías, en Cambados. A empresa conta con abrir en maio a súa nova planta loxística. No centro despezarase o polo e prepararase para a súa distribución. Vaise instalar nas antigas naves da conserveira Guau. A planta vai rolda-los 10.000 metros cadrados.

O último trámito administrativo, a licenza de obra para a cadea de despece. Foi concedida na última Xunta de Goberno cambadesa. O goberno local celebra o asentamento da factoría no polígono cambadés, porque a estimación é xerar, polo menos, 130 postos de traballo.

A nova nave, por certo, non desprenderá cheiros porque as instalación non servirán de matadoiro. Esa parte do proceso seguirá desenvolvéndose nas instalacións da compañía en Campañó.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí