A humanización da Avenida de San Campio será unha realidade neste 2020

OUTES> O alcalde de Outes, Manuel González, mostrou a súa satisfacción polo desbloqueamento do proxecto de humanización da Avenida de San Campio. A actuación, que será sufragada pola Deputación da Coruña, permitirá mellorar o atractivo da vila.

Tras cinco anos de agarda, a corporación outense deu, no último pleno, a súa aprobación ó proxecto de humanización da Avenida de San Campio. Segundo o rexedor é unha actuación pola que levaban anos agardando que suporá a mellora de servizos nunha das principais vías de comunicación da vila. o proxecto cun custe duns 420 mil euros será financiado pola Deputación da Coruña.

O rexedor outense confía en que o inicio das obras se realice en breve, para que poidan estar executadas ó longo do presente ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí