BARBANZA> A Plataforma Stop Desafiuzamentos Barbanza vén de recibir unha doazón de máis de vinte mil mascarillas cirúrxicas por parte da empresa Iberomask, con domicilio social en Castilla e León. A entidade, que agredece este xesto solidario, xa comezou co seu reparto entre diferentes familias vulnerables da comarca, así como tamén con entidades sociais.
A Plataforma Stop Desafiuzamentos Barbanza agradece a doazón realizada pola firma castelá-leonesa Iberomask que vén de facerlle entrega de máis de vinte mil mascarillas cirúrxicas. A entidade xa comezou co seu reparto entre as diferentes familias máis necesitadas do municipio e tamén da comarca, así como con entidades sociais.
Esta é a primeira vez que a Plataforma recibe unha doazón deste tipo. Aínda así son moitas empresas as que colaboran nestes momentos de dificultade coa entidade para facer fronte ós problemas daquelas persoas que máis o necesitan.