Teresa Brianes lerá o manifesto que dará inicio as actuación polo Día Internacional da Muller

VILAGARCÍA> Achégase o 8 de marzo, día internacional da muller, e os concellos comezan a presentar os seus actos para conmemorar dito día. En Vilagarcía serán 4 días con diferentes actuacións. Destacan a lectura do manifesto, a cargo de Teresa Brianes, e unha mesa debate coas experiencias de diferentes mulleres.

Os concellos da contorna preparan os seus actos para conmemorar o día internacional da muller. En Vilagarcía, dende o CIM presentan as actuacións que se levarán a cabo do 6 ao 13 de marzo. A primeira delas será a lectura do manifesto, a recitación correrá a cargo de Teresa Brianes, autónoma do ano.

Ese mesmo día realizaranse outras actividades como a presentación do libro “Eu son Carolina”, de Javier Carballo, e a tradicional cea de mulleres. O día 7 nas rúas da cidade exporase o XII Maratón Fotográfico.

O día 11 no Salón García proxectarase o filme “Una cuestión de género” co colaboración do Cine Adega. A película narra a historia de Ruth Bader, a segunda xuíza da historia no tribunal Supremo do Estados Unidos. As actuacións pecharanse o día 13 coa mesa debate “Mulleres con voz propia”.

As protagonistas da mesa debate serán a activista Fernanda Cedrón, a Mestra Paz Trigo, a atleta Pilar Sanmartín, a peixeira Carmen Tarrío e a mariscadora Rosa Maneiro. Dende o concello destacaron a importancia desta actuación para seguir loitando contra a lacra da discriminación á muller. Tamén informaron que porán a disposición dos interesados un autobús para viaxar a Verín, o día 1 de marzo, onde terá lugar a manifestación feminista.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí